Buscar evento


Calendario de eventos

III CLASICA de Regularidad VILA DE AS PONTES

 
Desde: Sábado, 22 Junio 2024 - Hasta: Sábado, 22 Junio 2024
Lugar del evento As Pontes
Organizador automovil club as pontes
Contacto Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfono 627724765
AS PONTES  
as pontes.jpeg

 

ACAP organiza a III CLÁSICA VILA DE AS PONTES o próximo 22/06/2024 , unha proba de regularidade para vehículos históricos (máis de 25 anos o día da proba).

Esta é unha proba de caracter non deportivo que discorre por carreteras abertas ó tráfico e na que a velocidade media é inferior os 50 kilómetros/hora. Recorreremos varios lugares do Concello de As Pontes e tamén do Concello das Somozas.

O parque pechado estará situado na Rúa Alexandre Bóveda no patio do colexio Santa María donde faremos entrega da documentación pertinente.O primeiro participante sairá as 15:30 de dita rúa e posteriormente o resto de participantes cun intervalo de un minuto estando prevista a chegada do primero participante as 21:00 ó Restaurante Pena Da Revolta en donde finalizaremos a xornada cunha cea e posteriormente será a entrega de trofeos e agasllos.

A III CLÁSICA VILA DE AS PONTES contará cun percorrido de 174 kms dos cales 134 kms estarán dividos en seis tramos cronometrados sendo os restantes kms de tramos de enlace. 

O prazo de incripción ábrese o 20/05/2024 as 20:00 e pecharase o 17/06/2024 as 20:00 e poderase facer descargando a folla de inscripción na páxina web: www.automovilclubaspontes.com en donde tamen estará o resto da documentación necesaria. 

O prezo da inscripción será de 90 Euros con dereito a cea,a incripción sin dereito a cea será de 60 Euros e se alguén quere levar un acompañante a cea a maiores terá um prezo de 30 Euros por persoa. É importante consultar o regulamento paticular da proba que estará a disposición de todos os interessados na paxina web www.automovilclubaspontes.com